sábado, 19 de noviembre de 2016

COMUNICADO PERANTE A CAZA DE BRUXAS CONTRA O RAP COMBATIVO


Como xa se veu informando nas últimas horas, onte foron citados na Audiencia Nacional trece rapeiros combativos pertencentes ao colectivo musical La Insurgencia, seis dos cales son galegos (Saúl, Gorka, Pipe, Komu, Óliver Botana e Sine), ademáis dun terceiro veciño de Compostela (Nyto). As outras seis citacións teñen lugar no resto do Estado (Leszno, Lokutor, Manu, Eshôj.Ç, Inessa e Elgio).
Estas citacións verifican o empeño do Estado Español en perseguir a todo artista crítico coas suas políticas criminais de miseria e represión impostas contra os traballadores nos últimos anos e que van a continuar intensificándose de aquí en diante. Tal persecución foi xa iniciada coas condenas impostas ao rapeiro Pablo Hasel ou coa detención dos titiriteiros en Madrid, feitos que evidencian claramente a ausencia total de liberdades políticas no Reino de España.
A estas citacións súmanse as detencións, tamén no día de onte de 15 antifascistas de Bukaneros e a acusación contra cinco independentistas cataláns de queimar a foto do rei na Diada Catalana. Todo isto preludia cal vai ser o talante do goberno recentemente constituido, o do xogo do pau e a cenoria: é decir; represión contra os que se organizan e loitan ao marxe das institucións fronte a permisión e complicidade cos que sen rechistar participan e se integran nas mesmas.
Non debe sorprendernos, pois, que citaran a estes trece artistas, pois un estado represor como o Español nunca vai permitir que se cante contra as inxustizas, polos dereitos dos traballadores, contra a OTAN e a guerra ou contra a represión e pola amnistía dos presos políticos, por sinalar algúns dos temas tratados nas cancións dos integrantes da Insurgencia.
Así, só nos queda finalmente facer un chamamento á solidariedade, mandando o noso apoio aos represaliados e animando á xente a non quedar calada ante a represión de quen alzou a voz polos dereitos de todos nós
Reprímenos a eles para asustarnos a todos nós!
Solidariedade cos rapeiros combativos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario