domingo, 22 de mayo de 2016

I XORNADAS ANTIRREPRESIVAS GALEGAS



Organicemos a solidariedade, conquistemos a amnistía!

Nestes últimos meses a loita pola amnistía volta a estar presente nas rúas, non é casual, decenas de sindicalistas, estudantes, e antifascistas en xeral estanse a enfrontar día tras día a xuízos políticos por manifestarse, ou simplemente mostrar a súa opinión nas redes. Moitos deles (Bódalo, Alfon, Francisco, Mónica...) comezan a engrosar a longa lista de presos políticos que viñan conformando tradicionalmente os presos independentistas galegos, vascos, do PCE(r) e dos GRAPO.

Todos eles, igual ca os que, polo momento, seguimos na rúa protestando, estamos a padecer o estado de sitio permanente que é o reino de España. Fai dúas décadas e media foi a Lei Corcuera, fai 14 anos a de Partidos e agora vivimos a entrada en vigor das últimas reformas represivas como son a Lei Mordaza ou o endurecemento do código penal. Leis de excepción que continúan a política bunkerización do Estado Español onde calquera opinión, protesta, movemento político ou partido que non se someta aos ditados do réxime son tratados de terroristas e, por consecuencia, perseguidos e reprimidos.

Veñen a por todos, tanto por escribir nas redes, facer folga, manifestarse, denunciar a tortura ou facer unha obra de títeres crítica, podes pasar a ser un terrorista, e a enfrontarte ás leis e tribunais especiais de represión política, como a Audiencia Nacional e as leis arriba citadas.

Ante isto, só nos queda unha opción: responder coa organización da loita antirrepresiva, denunciar todos e cada un dos atropelos ás nosas liberdades políticas. Neste combate contra a represión cada día faise máis evidente a importancia que teñen os presos políticos e, polo tanto a loita pola amnistía. Os presos atópanse na situación máis sangrante, dispersados a miles de kilómetros das súas familias e sós fronte aos carcereiros (e) torturadores. Precisan, indubidablemente que nós, dende fóra , coa denuncia e a mobilización defendamos sen tregua todos e cada un dos seus dereitos, traballando para conquistar a amnistía total, sen renuncias, para todos os encerrados e encausados por loitar. 
Con esta perspectiva organizamos as primeiras Xornadas Antirrepresivas Galegas dende o CSRP Compostela, Plataforma contra a represión de Corunha, SRI GALIZA e Vigo Contra a Represión. Nono imos quedar calados nin parados, cómpre intensificar e fortalecer a loita contra a represión, abordando reivindicacións parciais coma a fin da dispersión, o cese das torturas, a desatención sanitaria... pero sen esquecer que estas conquistas só se poderan acadar camiño a amnistía, levando esta consigna a todos os recunchos, traballando para que os movementos sociais a fagan propia e convertíndoa nunha das reivindicacións centrais do movemento popular. Esperamos así que estas Xornadas, partindo de todos o xa feito , supoñan un impulso cara a estes fins. 

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario