Organicemos a solidariedade, conquistemos a amnistía!

Todos eles, igual ca os que, polo momento, seguimos na rúa
protestando, estamos a padecer o estado de sitio permanente que é o reino de
España. Fai dúas décadas e media foi a Lei Corcuera, fai 14 anos a de Partidos
e agora vivimos a entrada en vigor das últimas reformas represivas como son a
Lei Mordaza ou o endurecemento do código penal. Leis de excepción que continúan
a política bunkerización do Estado Español onde calquera opinión, protesta,
movemento político ou partido que non se someta aos ditados do réxime son
tratados de terroristas e, por consecuencia, perseguidos e reprimidos.
Veñen a por todos, tanto por escribir nas redes, facer
folga, manifestarse, denunciar a tortura ou facer unha obra de títeres crítica,
podes pasar a ser un terrorista, e a enfrontarte ás leis e tribunais especiais
de represión política, como a Audiencia Nacional e as leis arriba citadas.
Ante isto, só nos queda unha opción: responder coa
organización da loita antirrepresiva, denunciar todos e cada un dos atropelos
ás nosas liberdades políticas. Neste combate contra a represión cada día faise
máis evidente a importancia que teñen os presos políticos e, polo tanto a loita
pola amnistía. Os presos atópanse na situación máis sangrante, dispersados a
miles de kilómetros das súas familias e sós fronte aos carcereiros (e)
torturadores. Precisan, indubidablemente que nós, dende fóra , coa denuncia e a
mobilización defendamos sen tregua todos e cada un dos seus dereitos,
traballando para conquistar a amnistía total, sen renuncias, para todos os
encerrados e encausados por loitar.
Con esta perspectiva organizamos as primeiras Xornadas Antirrepresivas
Galegas dende o CSRP Compostela,
Plataforma contra a represión de Corunha, SRI GALIZA e Vigo Contra a Represión.
Nono imos quedar calados nin parados, cómpre intensificar e fortalecer a
loita contra a represión, abordando reivindicacións parciais coma a fin da
dispersión, o cese das torturas, a desatención sanitaria... pero sen esquecer
que estas conquistas só se poderan acadar camiño a amnistía, levando esta consigna
a todos os recunchos, traballando para que os movementos sociais a fagan propia
e convertíndoa nunha das reivindicacións centrais do movemento popular.
Esperamos así que estas Xornadas, partindo de todos o xa feito , supoñan un
impulso cara a estes fins.
No hay comentarios:
Publicar un comentario