Nesta
data sinalada no ámbito antirrepresivo compre valorar a situación na que nos atopamos hoxe por hoxe,
definida pola conxugación da máis negra tradición represora do Estado Español
xunto ca implementación práctica das novas reformas represivas e de control social
aprobadas nos últimos anos – como a Lei Mordaza. Situación ante a cal urxe a ineludible necesidade de organizar a
loitar antirrepresiva e solidaria. Non podemos seguir tolerando que se deteñan
a ducias de persoas por opinar nas redes, que ingresen en prisión sindicalistas
,que día a día parte dos centos de persoas que están a espera dun xuízo por
protestar vaian entrando en prisión e que se extermine lentamente as que xa
están presas. Xa abonda!

Todas
coñecemos e vivimos moitos tipos de represión, dende un porrazo, unha multa ou
un xuízo. Mais entre todas as represaliadas, sen lugar a dúbidas, as presas
políticas xogan un papel fundamental. Atópanse na situación máis sangrante,
lonxe das súas familias e encerradas nas mans dos carcereiros (e) torturadores.
E por iso polo a loita pola AMNISTÍA convértese na punta de lanza do movemento
antirrepresivo, e nunha reivindicación destacada do conxunto do movemento
popular. Pois as presas políticas precisan do calor solidario e reivindicativo
que podemos exercer dende a rúa para que
sexan respectadas e un día conquistar a súa liberdade.Fagámosllo sentir, enviémoslles
cartas, recademos cartos, difundamos a súa situación, protestemos!
Neste
camiño cara a amnistía non cabe dúbida de que haberá escollos e dificultades,
mais tamén non nos haxa dúbida de que é o único que asegura a liberdade para as
persoas que hoxe están presas, e o que é máis importante, tamén para as que
algún día poderemos estalo. Porque a amnistía é política e colectiva e polo
tanto sempre se expón na perspectiva da superación das problemáticas que
levaron a existencia desas presas.
Debemos polo tanto estar a altura do obxectivo
que nos fixamos e comprender que só será posible acadalo dotándonos da
ferramenta adecuada, mediante a organización dunha rede antirrepresiva
unitaria, ampla e cunhas reivindicacións parciais e a corto prazo máis sen
perder de vista a meta onde nos encamiñamos.
ORGANIZAR E COORDINAR A SOLIDARIEDADE!
CONQUISTAR A AMNISTÍA PARA DERRUBAR OS MUROS DAS PRISIÓNS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario