Novo golpe represivo: Detidas 11 anarquistas acusadas de “terrorismo”, 7 en prisión preventiva.
Na madrugada
do pasado martes por orden da Audiencia Nacional máis de 400 Mossos
d'Esquadra levan acabo 10 detencións en Barcelona e unha en Madrid.
Neste operativo invaden tanto as vivendas das detidas como o
emblemático centro social Kasa de la Muntanya. Tras un minucioso
rexistro non atopan nin un só gramo de explosivos, nin unha soa arma,
só “numerosa documentación”. Na tarde
do xoves pasan a disposición xudicial e o xuíz decreta prisión preventiva para
sete das detidas.
Os
argumentos para decretar a prisión preventiva son os seguintes “decenas
de indicios tanto de unidade ideolóxica, como da estratexia para
desestabilizar o Estado e alterar gravemente a paz pública". E
logo continua o informe policial "Os GAC (...)
sen a debida coordinación, non podería lograr o obxectivo final, a
loita revolucionaria contra o Estado, para provocar o seu colapso".
Como vemos
agora que xa non existe o “terrorismo vasco” pasan a ser
terroristas todas aquelas persoas que se organizan cunhas ideas en común (“unidade
ideolóxica”)e que proclamen a “loita revolucionaria contra o
Estado”. E decir, todas aquelas persoas que non acepten este sistema,
que se mobilizan contra o mesmo ou simplemente expresen a súa pretensión
de cambiar a realidade fora das institucións do mesmo. Para evitar
a protesta social o estado só entende de persecución, acoso, detencións e
cadea.
Dende o CSRP denunciamos este novo golpe represivo, que só ten coma fin a criminalización das protestas e da loita social. Así como que se encadra dentro dunha política de atemorización cara a poboación co pretexto do terrorismo coa fin de xustificar a aplicación da Lei Mordaza. Deste xeito esiximos a liberdade inmediate das encarceradas e a absolución sen cargos das outras detidas así como das detidas nas manifestacións en resposta a esta nova montaxe policial.
Finalmente chamar a poboación a participar amplamente nas diversas mobilizacións polas liberdades políticas, contra calquera golpe represivo e especialmente contra a aprobación da Lei de Seguridade Cidadá.

Veñen a por todas nós!
Liberdade e absolución para as presas e detidas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario