viernes, 14 de abril de 2017

Todas a rúa o 23 de abril

-O 23 de abril todas a rúa polo peche definitivo do proceso contra Causa Galiza-

Este 23 de abril a iniciativa dos imputados no proceso xudicial nado da operación policial "Jaro" distintos axentes políticos e sociais entre os que se atopa o CSRP-Compostela convocan unha manifestación a prol do fin do proceso represivo contra Causa Galiza, e a desimputación dos encausados.

O CSRP-Compostela apoia e anima a sair a rúa este día, e a denunciar que sen liberdade de partidos e de ideas non hai democracia.

sábado, 1 de abril de 2017

Campaña en defensa pola liberdade de expresión

Nunca correron bos tempos para a liberdade de expresión no Estado español, pero a constante violación dun dereito tan elemental estase agudizando cada vez mais e o goteo continuo de casos de represión soamente por facer públicas opinións incómodas para este réxime levou ao Comité de Solidariedade coas Represaliadas Políticas a iniciar unha campaña de denuncia desa represión e en defensa do dereito a expresar calquera idea, opinión ou sentimento por moi contrario que sexa á mensaxe que desde os poderes do Estado nos intentan inculcar de todos os xeitos posíbeis a través dos seus resortes. 
Sen embargo, o Estado español nega a maior e presume de garantir esa suposta liberdade. O que non nos din, pero é cada vez mais notorio, é que está acoutada por uns lindes que deixan fóra calquera consideración negativa que poda danar os piares do réxime borbónico. Atreverse, por exemplo, a someter a crítica a Juan Carlos e Felipe de Borbón como herdeiros do mando dunha ditadura fascista ten como consecuencia estar no punto de mira e exporse a multas e incluso penas de prisión a modo de castigo exemplarizante e disuasorio, lanzando así mensaxe de que se pode pagar moi caro o cuestionamento dos fundamentos do Estado e en especial da figura do Rei.

Esa dureza contrasta de cheo coa benevolencia coa que se xulgan os delitos dos poderosos. E é que que a xustiza non é igual para todas era algo que viña sendo desde fai moito de coñecemento público, pero un caso tan paradigmático como o da absolución de Cristina de Borbón no xuízo do caso Nóos, reforzou máis que nunca a desconfianza total na xustiza e na súa suposta imparcialidade. En contraste total con esa benevolencia dunha xustiza que só foi cega para non ver toda a carga de proba contra a infanta, chegou tamén recentemente a condena a 3 anos e medio de prisión para o rapeiro mallorquín Valtonyc, unicamente pola súa crítica feroz contra as políticas criminais do réxime español e lanzar os seus dardos dialécticos contra o representante e responsábel último de toda esa barbarie, o Rei. O Estado de dereito, igual que a liberdade de expresión, está só reservado para a clase dominante e ao resto o único que se nos reserva é todo o peso da represión se nos atrevemos a protestar.

Esa represión vímola en numerosas ocasións a través da brutalidade exercida polos corpos represores para afogar a combatividade. Que todas tivésemos coñecemento dela foi posíbel moitas veces polos numerosos testemuños audiovisuais que desmontaron en infinidade de ocasións o mantra defendido até a saciedade polo Estado de que as actuacións destes corpos son sempre proporcionais e axustadas á legalidade. De aí o empeño, a través da Lei Mordaza, de suprimir ese dereito a gravar calquera actuación policial, pasando a estar duramente penado con multa se así o dispón o Estado con criterio totalmente arbitrario. E é que ante tempos convulsos, o Estado precisa incrementar a súa violencia sistemática para manterse e se pode ser sen testemuñas incómodas que podan probar todo ese sadismo, muito mellor.

Censura da libre opinión, dobre vara de medir e violencia desmedida. Esa é a receita xa ben coñecida e o único que nos ofrece este Estado. Só a protesta e a solidariedade artellada a través dunha mesta rede de apoio entre todos os sectores populares e todas as represaliadas poderemos pórlle freo e darlle a volta. Nas nosas mans está.





domingo, 11 de diciembre de 2016

Artellando solidariedade, loitando contra a represión e pola amnistía



Dende o CSRP facemos un chamamento a concienciarse coa situación na que se atopan os presas politicas. Persoas que permanecen encerradas tras as reixas deste tan democrático Estado a causa de loitar dun xeito ou outro por trasformar a realidade política e social que todas nos padecemos a diario.
A diagnose da sua situación, así como a loita pola amnistía, non debería deixar indiferente a ninguén, pois á xa de por sí dura privación da liberdade hai que engadirlle toda unha serie de medidas excepcionais ás que son sometidos as presas co obxetivo de doblegar a súa resistencia: o réxime FIES, a desatención médica en prisión, a dispersión que obriga a familiares e solidarios a ter que facer centos de kilometros, os continuos cacheos e humillacións en prisión etc.
Ante esta realidade é preciso artellar un movemento antirrepresivo amplo e unitario que se solidarice con todas as presas políticas ao marxe de que sexan militanes comunistas, independentistas, anarquistas, sindicalistas… Así como indiferentemente das sucias acusacións dos tribunais deste Estado represor. Debemos deste xeito loitar por convertir a amnistía nunha reivindicación central do conxunto movemento popular e antirrepresivo, isto é, a consecución da liberación das presas políticas, a anulación dos sumarios dos xuízos políticos e a derrogación da lexislación represiva con todas as suas consecuencias. Todo, sempre coa perspectiva da superación das problemáticas que levaron a existencia destas represaliadas políticas.
Se a súa represión non é selectiva, por qué ía selo a nosa solidariedade?
Amnistía total para os pre@s por loitar!


Entrevista a Emilio Cao, mozo represaliado fai 2 anos nas Marchas de Dignidade.

A continuación reproducimos a entrevista realizada a Emilio Cao, mozo represaliado fai 2 anos nas Marchas de Dignidade.
Boas Emilio! Dende o CSRP coñecemos o caso represivo no que estas envolto dende pouco despois da túa detención nas Marchas da Dignidade en Madrid en marzo de 2014. Polo que esta trascendo públicamente achégase agora case tres anos despois a data do xuízo ante o cal as Marchas da Dignidade convocan unha concentración o día 2 de decembro na teu pobo, O Carballiño. Ca intención de visibilizar e denunciar o teu caso e dita mobilización pensamos en facerche unha entrevista por escrito, para publicala un par de dias antes da concentración. Así que se che parece ben, achegámosche as preguntas para que as contestes.
En primero lugar, Emilio, poderías explicarnos cales foron as motivacións que te levaron a ir aquel día ata Madrid? Como apreciaches o ambiente na mobilización e cal é a tua valoración da disolución violenta da manifestación por parte das unidades antidisturbios da Policía Nacional, casualmente "xusto á hora do telediario" -como comentas no comunicado que convoca a concentración do día 3- que levaron a túa detención?
A miña principal motivación para asistir á mobilización do 22 de marzo do 2014 en Madrid foi a oportunidade que vía nesa convocatoria de visibilizar e denunciar a situación na que se atopaban milleiros de persoas en Galicia e no resto do estado español por culpa das políticas de miseria e morte que implantaba o Partido Popular. Dende que chegamos no autocar e durante o percorrido da manifestación todo transcurriu dunha maneira que poderíamos calificar de correcta, ata que os corpos policiais nun exercicio de represión indiscriminada e facendo gala dunha inusitada belixerancia comezaron a cargar contra nós. Como se pode ver nalgúns videos e nas testemuñas de persoas que asistiron á mobilización, a actitude coercitiva dos corpos policiais foi verdadeiramente desproporcionada, e condenable de maneira rotunda. Na voráxine de caos que se sucedeu tras as primeiras cargas vinme envolto nos disturbios e un policía, caracterizado coma un manifestante máis, abalanzouse sobre min sen aparente motivo e levoume ata onde estaban as unidades da UIP, todo isto baixo ameazas e improperios. Metéronme no furgón e levaronme á comisaría xunto a máis detidos que iban chegando cada certo tempo ao meu carón.
Tras a tua detención trasládanche á tan polémica -polos maltratos e torturas aos reos- Comisaria de moratalaz; alí atópaste co resto de detidos na manifestación, como foi o trato recibido por parte da policía cara ti e o resto de manifestantes detidos?
O trato foi completamente denigrante, mantivéronnos horas de pé contra a parede impedíndonos que falásemos co resto de compañeiros detidos. As horas pasaban e o sono facía mella en moitas das persoas que estabamos alí de pé , pero non espertamos ningun tipo de empatía nos policías que estaban alí ,que pola contra, seguían berrándonos e humillándonos. Finalmente cando lles apeteceu, baixáronnos ata as celdas , onde o primeiro día estiven ca luz prendida toda a noite, dificultándome a conciliación do sono ata que a un policía lle deu por apagala. En resumo, unha experiencia extremadamente desagradable.
Xa unha vez en liberdade como valoras a resposta das distintas organizacións políticas do Estado Español, así como o tratamento mediático perante as cargas e detencións ao final da mobilización, ten en conta que chegan a difundir que na manifestación de Madrid os altercados foran causados " por mebros dunha escisión de Resistencia Galega"?
O tratamento mediático foi claramente pretencioso, buscábase deslexitimar a mobilización popular e intentar que a xente condeara ese exemplo de dignidade que ali estabamos exercendo milleiros de persoas. Respecto á acusación sobre o de Resistencia Galega esta é completamente delirante, cando a clase dominante se ve incapaz de frear a loita popular rapidamente emprega armas arroxadizas no discurso para calumniar e condear a mobilización social.



Xa,dando un salto no tempo, podes explicarnos brevemente para cando estás citado ao xuízo e cales son as liñas principais de acusacións da fiscalía, e por outra banda como plantexas ti a defensa?
Por desgracia non sei a data do xuízo xa que non chegou o meu poder ningún tipo de citación. A acusación é de 3 delitos, atentado a autoridade, desordes públicos e lesións, e a condea total ascende a 5 anos e 8 meses de prisión máis unha sanción económica de 600 euros. Non teño máis que dicir que a acusación é inverosímil, xa que en ningún momento agredín a ninguén nin atentei contra nada. Espero que se impoña a razón e o dereito e poida librarme da condea, ainda que co carácter represivo dos organismos xuridicos cando se trata de accións de índole política nunca se sabe, espero que todo saia ben.
Ante tales acusacións como te atopas animicamente e cal é a valoración politica e personal que fas das mesmas?
Teño a conciencia tranquila xa que non cometín ningún delito salvo que o delito sexa manifestarme contra este sistema desigual, e respecto ao meu estado anímico sempre é inevitable que non estea un pouco preocupado por como poidan transcurrir as cousas. Dende logo non é máis que outro caso de represión por exercer o lexítimo dereito a manifestarse, o meu caso non é illado dende logo, xa que lle pasa a moitísima xente a diario, e por iso hai que tecer amplas redes de solidariedade entre as encausadas por accións políticas para exercer máis presión e socializar este tema tan pertinente na actualidade.
Finalmente, como valoras en xeral ambiente represivo en Galicia e no conxunto do Estado e como cres que se deben artellar a solidariedade neste tipo de casos?

Bueno, o ambiente represivo é francamente preocupante, casos por exemplo como a persecucción contra as estudantes que protestaron contra a homofobia de Domingo Neira e o machismo de Luciano Méndez na USC fan pensar que vivimos nun estado deficitario en termos de liberdades políticas. A solidariedade debe convertise nunha virtude dos movementos sociais e organizacións de esquerda e por iso debemos exercela en todo momento, no instituto,nas fábricas,na rúa... para evitar que sigan acontecendo casos coma os que sofre moitisima xente que se nega a seguir de brazos cruzados e decide aportar o seu gran de area para modificar o actual estado de cousas.

sábado, 19 de noviembre de 2016

COMUNICADO PERANTE A CAZA DE BRUXAS CONTRA O RAP COMBATIVO


Como xa se veu informando nas últimas horas, onte foron citados na Audiencia Nacional trece rapeiros combativos pertencentes ao colectivo musical La Insurgencia, seis dos cales son galegos (Saúl, Gorka, Pipe, Komu, Óliver Botana e Sine), ademáis dun terceiro veciño de Compostela (Nyto). As outras seis citacións teñen lugar no resto do Estado (Leszno, Lokutor, Manu, Eshôj.Ç, Inessa e Elgio).
Estas citacións verifican o empeño do Estado Español en perseguir a todo artista crítico coas suas políticas criminais de miseria e represión impostas contra os traballadores nos últimos anos e que van a continuar intensificándose de aquí en diante. Tal persecución foi xa iniciada coas condenas impostas ao rapeiro Pablo Hasel ou coa detención dos titiriteiros en Madrid, feitos que evidencian claramente a ausencia total de liberdades políticas no Reino de España.
A estas citacións súmanse as detencións, tamén no día de onte de 15 antifascistas de Bukaneros e a acusación contra cinco independentistas cataláns de queimar a foto do rei na Diada Catalana. Todo isto preludia cal vai ser o talante do goberno recentemente constituido, o do xogo do pau e a cenoria: é decir; represión contra os que se organizan e loitan ao marxe das institucións fronte a permisión e complicidade cos que sen rechistar participan e se integran nas mesmas.
Non debe sorprendernos, pois, que citaran a estes trece artistas, pois un estado represor como o Español nunca vai permitir que se cante contra as inxustizas, polos dereitos dos traballadores, contra a OTAN e a guerra ou contra a represión e pola amnistía dos presos políticos, por sinalar algúns dos temas tratados nas cancións dos integrantes da Insurgencia.
Así, só nos queda finalmente facer un chamamento á solidariedade, mandando o noso apoio aos represaliados e animando á xente a non quedar calada ante a represión de quen alzou a voz polos dereitos de todos nós
Reprímenos a eles para asustarnos a todos nós!
Solidariedade cos rapeiros combativos!


domingo, 22 de mayo de 2016

I XORNADAS ANTIRREPRESIVAS GALEGAS



Organicemos a solidariedade, conquistemos a amnistía!

Nestes últimos meses a loita pola amnistía volta a estar presente nas rúas, non é casual, decenas de sindicalistas, estudantes, e antifascistas en xeral estanse a enfrontar día tras día a xuízos políticos por manifestarse, ou simplemente mostrar a súa opinión nas redes. Moitos deles (Bódalo, Alfon, Francisco, Mónica...) comezan a engrosar a longa lista de presos políticos que viñan conformando tradicionalmente os presos independentistas galegos, vascos, do PCE(r) e dos GRAPO.

Todos eles, igual ca os que, polo momento, seguimos na rúa protestando, estamos a padecer o estado de sitio permanente que é o reino de España. Fai dúas décadas e media foi a Lei Corcuera, fai 14 anos a de Partidos e agora vivimos a entrada en vigor das últimas reformas represivas como son a Lei Mordaza ou o endurecemento do código penal. Leis de excepción que continúan a política bunkerización do Estado Español onde calquera opinión, protesta, movemento político ou partido que non se someta aos ditados do réxime son tratados de terroristas e, por consecuencia, perseguidos e reprimidos.

Veñen a por todos, tanto por escribir nas redes, facer folga, manifestarse, denunciar a tortura ou facer unha obra de títeres crítica, podes pasar a ser un terrorista, e a enfrontarte ás leis e tribunais especiais de represión política, como a Audiencia Nacional e as leis arriba citadas.

Ante isto, só nos queda unha opción: responder coa organización da loita antirrepresiva, denunciar todos e cada un dos atropelos ás nosas liberdades políticas. Neste combate contra a represión cada día faise máis evidente a importancia que teñen os presos políticos e, polo tanto a loita pola amnistía. Os presos atópanse na situación máis sangrante, dispersados a miles de kilómetros das súas familias e sós fronte aos carcereiros (e) torturadores. Precisan, indubidablemente que nós, dende fóra , coa denuncia e a mobilización defendamos sen tregua todos e cada un dos seus dereitos, traballando para conquistar a amnistía total, sen renuncias, para todos os encerrados e encausados por loitar. 
Con esta perspectiva organizamos as primeiras Xornadas Antirrepresivas Galegas dende o CSRP Compostela, Plataforma contra a represión de Corunha, SRI GALIZA e Vigo Contra a Represión. Nono imos quedar calados nin parados, cómpre intensificar e fortalecer a loita contra a represión, abordando reivindicacións parciais coma a fin da dispersión, o cese das torturas, a desatención sanitaria... pero sen esquecer que estas conquistas só se poderan acadar camiño a amnistía, levando esta consigna a todos os recunchos, traballando para que os movementos sociais a fagan propia e convertíndoa nunha das reivindicacións centrais do movemento popular. Esperamos así que estas Xornadas, partindo de todos o xa feito , supoñan un impulso cara a estes fins. 

  

sábado, 16 de abril de 2016

DERRUBANDO MUROS, ARTELLANDO SOLIDARIEDADE:

             
-Comunicado perante o Día Internacional de Solidariedade c@s Pres@s Polític@s-
Nesta data sinalada no ámbito antirrepresivo compre valorar a  situación na que nos atopamos hoxe por hoxe, definida pola conxugación da máis negra tradición represora do Estado Español xunto  ca implementación práctica das  novas reformas represivas e de control social aprobadas nos últimos anos – como a Lei Mordaza.  Situación ante a cal   urxe a ineludible necesidade de organizar a loitar antirrepresiva e solidaria. Non podemos seguir tolerando que se deteñan a ducias de persoas por opinar nas redes, que ingresen en prisión sindicalistas ,que día a día parte dos centos de persoas que están a espera dun xuízo por protestar vaian entrando en prisión e que se extermine lentamente as que xa están presas. Xa abonda!
Non é a primeira vez que o  dicimos, é imprescindible artellar un movemento antirrepresivo amplo, unitario, que se solidarice por igual con todas as represaliadas políticas sexan sindicalistas,estudantes, comunistas, anarquistas ou independentistas. A única condición é manter blandida a máis valiosa arma: a dignidade.
Todas coñecemos e vivimos moitos tipos de represión, dende un porrazo, unha multa ou un xuízo. Mais entre todas as represaliadas, sen lugar a dúbidas, as presas políticas xogan un papel fundamental. Atópanse na situación máis sangrante, lonxe das súas familias e encerradas nas mans dos carcereiros (e) torturadores. E por iso polo a loita pola AMNISTÍA convértese na punta de lanza do movemento antirrepresivo, e nunha reivindicación destacada do conxunto do movemento popular. Pois as presas políticas precisan do calor solidario e reivindicativo que podemos exercer dende a rúa para  que sexan respectadas e un día conquistar a súa liberdade.Fagámosllo sentir, enviémoslles cartas, recademos cartos, difundamos a súa situación, protestemos!
Neste camiño cara a amnistía non cabe dúbida de que haberá escollos e dificultades, mais tamén non nos haxa dúbida de que é o único que asegura a liberdade para as persoas que hoxe están presas, e o que é máis importante, tamén para as que algún día poderemos estalo. Porque a amnistía é política e colectiva e polo tanto sempre se expón na perspectiva da superación das problemáticas que levaron a existencia desas presas.

 Debemos polo tanto estar a altura do obxectivo que nos fixamos e comprender que só será posible acadalo dotándonos da ferramenta adecuada, mediante a organización dunha rede antirrepresiva unitaria, ampla e cunhas reivindicacións parciais e a corto prazo máis sen perder de vista a meta onde nos encamiñamos.

ORGANIZAR E COORDINAR A SOLIDARIEDADE!
CONQUISTAR A AMNISTÍA PARA DERRUBAR OS MUROS DAS PRISIÓNS!