lunes, 30 de noviembre de 2015

Dende Galiza tamén berramos AMNISTÍA

Este sábado 28 de novembro unha delegación do CSRP estivo presente na manifestación convocada por Amnistía ta Askatasuna en Bilbao co fin de volver sacar as rúas a loita pola amnistía.
Tan pronto entramos en EH xa puidemos ver como estaban as rúas cheas de pancartas, pintadas e carteis pola amnistía anunciando a manifestación que partía as seis da tarde do sábado de Sagrado Corazón.
Media hora antes na zona xa se apreciaba como comezaba a moverse xente cara a zona, momento onde puidemos aproveitar para vender material político e incluso repartir algunha folla informativa do noso Comité cunha moi boa acollida.
Pouco antes de dar comezo a manifestación despregamos a faixa conxunta con Vigo Contra a Represión xerando unha gran expectativa e acercándosenos moita xente, momento no cal coincidimos tamén con máis solidarias que viñeran doutras partes do Estado, destacando a numerosa presenza de bandeiras galegas.

Tan pronto como arrancou a manifestación entorno a seis mil persoas comezaron a berrar “Presoak kalera, amnistía osoa” e outros lemas en solidariedade cas represaliadas políticas, as refuxiadas e as reportadas vascas.

Finalmente as organizadoras leron un comunicado no que se chamou a recuperar a consigna da amnistía como unha “reivindicación estratéxica que se quedou esquecida nun caixon”. Tras a lectura deste comunicado en Vasco, francés e castelán concluíuse a manifestación cantando o Eusko Gudariak.

Dende o CSRP non podemos senón valorar positivamente a nosa participación na manifestación e desexar que o movemento pro-amnistía continúe a abrirse camiño en Euskal Herria e no resto do Estado.


 
De Galiza a Euskal Herria berramos AMNISTÍA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario