Dende o CSRP manifestamos a nosa total solidariedade ca compañeira
vasca e militante do PCE(r) Arantza Díaz que non tendo bastante con
estar presa pola súa afiliación política está sendo sometida a tortura
constante que supón a desatención médica e o aprazamento indefinido das
probas médicas que constatarían se superou ou non o cancro. A esta
intencionada política de exterminio que padece hai que sumarlle a recente morte da súa nai.
Como trasmite tanto ela nas súas cartas como persoas cercanas a mesma a
súa situación de saude é especialmente fráxil, véselle moi mal física e
anímicamente, ademais de ter serios problemas económicos para subsanar
os gastos derivados das especiais necesidades que lle causa enfermidade
tanto en materia alimentaria como de hixiene.
Ante esto chamamos a intensificar a solidariedade e denunciar máis forte que nunca a política penintenciaria de exterminio cara os presos políticos, así como a desatención médica xeralizada que se da nas prisións do Estado Español.
Liberdade pres@s polític@s enferm@s!
Liberdade inmediata Arantza Diaz!

No hay comentarios:
Publicar un comentario