sábado, 24 de octubre de 2015

Solidariedade coas estudantes represaliadas

Dende o CSRP queremos mostrar a nosa solidariedade coas estudantes Atanes, Aaron e Mario por ser víctimas das forzas represivas pola defensa da educación popular. É por iso que partillamos o seu comunicado :


-Quérennos condenar ata a nove anos de prisión por defender os dereitos do estudantado!-
Como xa moitos sabedes esta é a pena que nos queren impor no xuízo o cal estamos citados o 10 de novembro, o noso delito: protestar por unha educación pública, galega e non patriarcal.
Toda a acusación tanto da fiscalía como da Policia Nacional, Local e Autonómica centrase nun scrache a Feijoo e o Conselleiro de Educación que tivo lugar o 23 de outubro. Nesa data ante a presenza na facultade de matemáticas do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijo e o Conselleiro de Educación Jesús Vázquez convocase unha concentración. A protesta centrase no rexeitamento a LOMCE e os demais recortes aplicados polo partido que preside en Galiza Feijoo.
Como é habitual Feijoo e o Conselleiro de Educación fotografianse e dan declaracións a prensa ignorando por total a protesta. Buscando ser escoitados os e as estudantes que acudiramos a concentración comezamos a camiñar berrando cara onde estaban os medios de comunicación e o Presidente. Ante isto sobre cinco persoas vestidas de paisano e que en ningún momento se identifican comezan a empurrarnos e a golpearnos as e os manifestantes, os cales nos defendemos de tal agresión, quedando todo aí polo momento.
Xa despois de case un mes, a inicios de novembro, somos detidos un día Aarom e Atanes e o seguinte Mario. Nas acusacións xudiciais a realidade estaba posta ao revés: as vítimas resultamos ser agora os agresores, e os agresores a vítimas, todo por suposto cunhas esaxeradas lesións e traumas. Así baixo a suposta acusación de delitos de “atentado a autoridade”, “lesións” e “desordes públicos” solicítannos entre 7 anos e medio e 9 de prisión en total aos tres, e multa económica en concepto de indemnizacións.
Pola nosa parte témolo claro, estas acusacións non son máis que unha pequena parte da represión que sufre o estudantado reivindicativo e calquer persoa que loite. Queren calar toda protesta por medio dos golpes, das multas e da prisión, pero non o conseguirán.
Por isto mesmo chamamos a toda organización, sindicato, plataforma ou movemento social a difundir e firmar este comunicado, así como a colaborar economicamente para costear os costes do proceso e a denuncia do mesmo.
NON NOS CALARÁN, PROTESTAR NON É DELITO!
ABSOLUCIÓN AAROM, ATANES E MARIO!
Aarom, estudante de Relacións Laborais na USC
Mario, estudante de historia da USC.
Atanes, estudante de económicas pola UNED.
22 de outubro de 2015, Compostela

No hay comentarios:

Publicar un comentario