O Día da Muller
Taballadora é un día para visibilizar e denunciar a situación opresiva á que
son sometidas as mulleres. Deste xeito, dende o CSRP queremos aproveitar para
denunciar e dar luz á situación da
represión cara ás mulleres, cousa habitualmente esquecida, especialmente a que se vive detrás dos muros das
prisións.
O patriarcado é
un sistema de opresión cara ás mulleres transversal tanto á historia como á
sociedade, o cal se reflexa na dura situación das mulleres presas. A pesares do silencio mediático, comezan a saír
á luz casos de violacións, prostitucións
forzadas e outros tipos de malos tratos por parte dos funcionarios de prisión
cara ás reclusas. Entre estes casos atópase o da prisión de Brieva en Avila,onde
foron imputados catro funcionarios por manter, dentro da prisión, unha rede de
regalos e coaccións para forzar ás
mulleres a manter sexo non consentido cos carcereiros. Estes feitos sucédense de forma sistemática
polas prisións de todo o Estado.Máis sangrante é a situación que sofren as mulleres migrantes internadas nos
centros de exterminio que son os CIE’s,
nos cales entran polo simple feito de ser estranxeiras, “ilegais” a ollos deste
Estado, e sen saber cando volverán saír, sendo, en moitos casos, separadas dos
seus fillos.
Por outra banda,queremos
recordar a todas as loitadoras que están
presas no Estado Español por protestar e loitar pola liberdade, ás setenta
e dúas presas políticas que están encerradas nas cadeas polas súas ideas. Con
respecto a elas, cabe destacar nestes momentos a gravísima situación que sufre a presa Arantza Díaz, militante
comunista e polos dereitos da muller que padece cancro e esta a ser desatendida
dentro da cadea. De todas e todos depende denunciar este caso e esixir a súa
inmediata liberdade para que non siga o tráxico camiño doutras presas políticas
como Isabel Aparicio, morta fai case un
ano por desatención médica na prisión. Deste xeito, facemos un chamamento a
facer sentir o noso apoio ás presas políticas, tanto na rúa, como a rachar co seu illamento
escribíndolles á prisión.
Basta de malos tratos e violacións contra as mulleres nas cadeas!
Liberdade presas políticas!
Para máis información:
-Juzgan a un exjefe de servicio de la cárcel
por los supuestos intentos de abuso a una presa:
-Reclusas forzadas al sexo con funcionarios en
la cárcel de Brieva [Ávila]:
- Escándalo por tráfico sexual en la cárcel de mujeres de Meco.
http://www.libertaddigital.com/sociedad/funcionarios-de-una-carcel-de-madrid-se-acostaban-con-las-presas-a-cambio-de-favores-1276390888/
-Lista 72 presas políticas no Estado Español:
- Arantza
Díaz Villar, presa política comunista gravemente enferma:
http://lamanchaobrera.es/arantza-diaz-villar-presa-politica-comunista-gravemente-enferma/
No hay comentarios:
Publicar un comentario