A educación, como o resto de sectores públicos,
tamén está a ser recortada e vendida aos bancos e ás empresas privadas. Isto
condena a milleiros de estudantes a padecer unha educación de peor calidade ou
a quedar excluídos do ensino superior por non poder permitirse pagar as privativas
taxas da Universidade “pública”.
Ante isto, o estudantado non permanece impasible e
loita polos seus dereitos ao igual que o fan outros sectores da sociedade. Pero
como estamos acostumados a ver, o Estado responde ante calquera tipo de
protesta con máis e máis represión, especialmente se falamos de mobilizacións
da mocidade combativa.
Esta represión exprésase nunha desproporcionada
presenza policial en todas as mobilizacións estudantís, en rexistros e
identificacións arbitrarias, en cargas policiais ou en detencións inxustificadas,
como as que xa vimos nos últimos tempos en Santiago ou noutros puntos de
Galiza. Isto acaba traducíndose en cuantiosas multas ou na apertura de procesos
xudiciais para os estudantes que loitan.
Dende o Comité de Solidariedade coas Represaliadas
Políticas (CSRP) de Compostela cremos
que con esta represión só buscan amedrentar aos estudantes e limitar o seu
dereito á folga e á manifestación. Por iso esiximos:
- A inmediata absolución de todos os estudantes procesados por protestar. Así como a retirada de multas e de todo tipo de sanción en protestos estudantís.
- O respecto do dereito á folga, á manifestación, á libre expresión do estudantado. Isto pasa polo cese de rexistros e identificacións arbitrarias. Así como pola non presenza de corpos de represión no campus e en calquera mobilización estudantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario